Tres Cores

Moncho Iglesias Míguez
narrativa, 2010 | 8€
Descarregar

As feridas das lembranzas cicatrizaron co anuncio de bos días. Solitario, contando as burbullas que un lago entre montañas pode
realizar, atouse a ti un neno. Repregaches a súa pequena historia antes de que puideses acadar a igrexa maior e vixiou as túas respostas cando limpou as súas lembranzas de tardes de escola. Polas mañás non acostumaba a compartir con estranxeiros o salitre da súa mirada, vagabundeaba entre murmurios e silencios os seus doce anos de miseria para cortar cutículas. Esforzábase por confundirse entre a escuma do xabón das lavandeiras ou estendía as montañas cos seus pés descalzos. Esa mañá, propúxoche bascular o teu peso nun lago avezado a todo, mais as túas presas non bifurcaron as súas tentativas.

Essentials

Meta

Pages

Categories