Retomando a Palabra

RETOMANDO A PALABRA
David Rodríguez
2012 |
descargar

Este Retomando a palabra. Das guerras culturais
ao crac financeiro pretende ser un máis de tantos esforzos dedicados a unha tarefa colectiva e urxente: a de rozar a linguaxe que nos dá acceso á realidade. Unha linguaxe que está a monte desde hai décadas. Na cal o boureo dos fentos e as xestas impiden escoitar o rumor das árbores. Unha linguaxe maltratada polas silvas da manipulación, da descontextualización e da subversión; e tan abandonada que os toxos da renuncia, do oportunismo e da desmemoria case
que a engolen de vez, e a nós con ela.

David Rodríguez Rodríguez (Vigo, 1975) mantén o blogue http://ofunambulistacoxo.blogspot.com desde o ano 2005. É autor das obras de teatro radiofónico O Bambán e Nunca me esquecerei de ti (gañadora e finalista respectivamente do I e IV Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural). Escribiu o poemario Lapidarias. Os versos escuros e participou no libro colectivo Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural.

Essentials

Meta

Pages

Categories