O chapeu do indixente / Esgotar os ollos

O chapeu do indixente / Esgotar os ollos
Julio Fernández
teatro, 2012 |
descarregar

Julio Fernández Peláez, 1963. Dramaturgo,
novelista, poeta e artista visual. Desde o ano 2007
vive e traballa en Vigo. É cofundador e codirector
da revista de artes escénicas Núa, coordinador do
Festival Poéticas para unha vida e compoñente do
colectivo de arte de acción Inaudita. Na actualidade,
dirixe o proxecto de investigación Teatro anómico.
O chapeu do indixente dá voz a unha muller que
se atopa a un paso do asasinato dun indixente, co
único obxectivo de se vingar de quen fora o seu
amante. O monólogo interior da muller faise carne a
través do xesto da palabra, xerando deste xeito unha
atmosfera de gran crueza e extrema sensibilidade.
Esgotar os ollos é unha comedia calidoscópica e
didascálica, cuxo personaxe principal, Eu, é un
poeta visual a piques de terminar os seus días nun
hospital, un poeta a quen lle sacarán os ollos antes
de que  que cego, unha vez que asine a doazón.
Produto do delirio de Eu ou reflexo da realidade
delirante que o rodea, a trama de Esgotar os ollos
queda atrapada no mundo da palabra sonora e sen
significado.

Essentials

Meta

Pages

Categories