Deconstrucións

DECONSTRUCIÓNS
Unha volta a Jacques Derrida
Drocha Hauser
ensaio, 2010 | 6€
descarregar

Para Derrida, facer xustiza sería facer acontecemento,
saír do programa, ir para alén dunha potencialidade, para
alén do futuro, facer chegar o porvir mesmo.
O porvir entendido como aquilo que chega sen rostro
nin medida, aquilo que irrompe violentamente unha
normalidade dada, o porvir como o incontrolábel,
o monstruoso, o indecidíbel, tamén, por tanto,
o impensábel. O porvir, que fala dunha gramática
quizá sen concepto, quizá aínda sen concepto, quizá
inconceptualizábel, unha gramática que di xa o que non
é ou o que non está aquí, mais ao mesmo tempo, unha
gramática que fala daquilo que vén,do que está xa a vir,
do que arriba, do arribante mesmo.Hai aquí un deber
de aceptación sen límite, un deber de hospitalidade
incondicional para co estranxeiro. Outra vez, por tanto,
un deber de responsabilidade

—-
www.proxectoderriba.org

Essentials

Meta

Pages

Categories