Baixo a Lona Preta

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

BAIXO A LONA PRETA. Xornal de viaxe dun brigadista na Bahia do MST.

Xosé García Rodríguez
ensaio2013 | 10€
descarregar

«Pensaba que a utopía non era posíbel. Que só era iso, o que dicía Galeano, algo que está no horizonte mais que se afasta sempre que o tentamos apreixar. Como unha cenoria atada a un pau. E penseino até que coñecín no Brasil as xentes do MST. Xentes que non perseguen utopías, senón que as constrúen día a día con traballo e lucidez; que non perseguen cenorias atadas a paus, senón que as sementan e cultivan. Centos de millares, poida que un millón ou dous. Nin eles mesmos o saben. En calquera dos casos, son moitos homes e mulleres a traballar nun proxecto común baseado en palabras para nós demasiado abstractas como socialismo, igualdade, agroecoloxía ou soberanía alimentar. Pastores e pastoras de horizontes utópicos, okupas da terra prometida. Con este libro tentei deitar un pouco de luz sobre un movemento que fai agora trinta anos de andaina e que está alicerzando, atrévome a dicir, unha das maiores revolucións da historia.»

 

 

 

Essentials

Meta

Pages

Categories