AUTOR@S

Marcos Abalde
Carlos Diegues
Clara Gayo
Sören Hausser | Proxecto Derriba
Thomas Hausser | Proxecto Derriba
Moncho Iglesias
Grupo Krisis
Alberto Lema
Carlos Losada
Oscar Mourave
Raida Rodríguez Mosquera
Rubén Ruibal
Carlos Taibo
Xabier Pérez Dávila
Xosé García Rodríguez
Bobby Sands
Drocha Hauser | Proxecto Derriba
Antonio Gramsci
Rebeca Baceiredo
Claudio Pato
David Rodríguez
Julio Fernández
Susana Sánchez Arins
arbusto | Cristina F
Karl Hausser | Proxecto Derriba
Frank Hausser | Proxecto Derriba

———-

Marcos Abalde
(1982)

Marcos Abalde Covelo sente-se parte de Lavadores, do
Alóia, do Mádia Leva, de Sárdoma, da AGAL, de Lançós,
de Estaleiro Editora, do Gistral, da Gentalha do Pichel,
do Pia Pássaro, de Casahamlet, do Cabo Homem, do
Festival da Poesia de Salvaterra, do Pedregal de Irímia,
da Assembleia da Educaçom Crítica, de Vista Alegre,
de Gaza, do Cineclube de Compostela, de Srebrenica,
de Erveira, do Tarrafal, do Novas da Galiza, de Couso,
da Devesa de Rogueira, de Oświęcim, de Teixeiro, de
Martutene, de Kilmainhaim. Sabe que o nosso amor
nom pode ser inútil.

OBRA: Canibalismo (2010)

———-

Carlos Diegues
(11-06-1978)

É formado em Ciências Políticas pela Universidade de Santiago de Compostela, onde obteve também o “Diploma de Estudos Avançados” no campo da Filosofia moral. Na actualidade, está a finalizar o curso de Filologia Românica enquanto projecta a sua tese doutoral, centrada nos estudos da masculinidade. Não se resignando com isso, o autor briga com o trabalho precário numa empresa de telecomunicações na cidade da Corunha.

OBRA: A revolução pendente (2008)

———-

Clara Gayo
(Vigo, 1971)

Estudou Traballo Social en Santiago de Compostela, onde formou parte de proxectos de acción social e cultural como a Casa Encantada e Mulleres Transgredindo. En 1999 decidiu tomar o camiño das artes escénicas e ingresa na escola de teatro e danza Espacio Aberto. Tamén cursou o II Curso de Posgrao en Literatura e Arte
Dramatico organizado pola faculdade de Filoloxía da USC, así como tamén os I e II Cursos de Escrita Dramática Contemporánea organizados polo Centro Dramático Galego. «Traballou» en varias compañías galegas ás veces como actriz e ás veces como autora. Utiliza a fotografía e o vídeo como soportes paralelos da súa expresión, como xeitos de recreación e escenificación cación das emocións, vivencias ou realidades que experimenta en si mesma ou que se experimentan ao seu redor.

OBRA: Movidas/Razóns de peso (2010)

———-

Alberto Lema
(Bamiro, 1975)

Licenciado en Filoloxía Inglesa, o título abríulle moitas portas no mercado laboral. Traballou de mozo de almacén, fregapratos, camareiro ou chófer de camión. No 2003, na era post-prestige e plan Galicia que estás en los cielos, emigrou a Canarias cumprindo co destino familiar e nacional.Comprobou como Europa tenta en balde varrer África para debaixo da alfombra, e que a morriña é algo máis que un delirio dos poetas telúricos. Desde 2005, nesta Galiza postindustrial, sen fase industrial precedente, segue a gañar o aluguer como pode.

OBRA: Plan de fuga (2008)

———-

Rubén Ruibal
(Ribadeo, 1970)

É licenciado en Filoloxía Xermánica, na especialidade de inglés, pola Universidade de Santiago. Entre 1992 e 1994 foi actor da Aula de Teatro da USC. Con posterioridade, a súa carreira está vinculada á compañía Teatro do Aquí, tanto como integrante do elenco de actores como en labores de axudante de dirección, desde 1994 até 2002. Tamén foi xudante de dirección na montaxe Xelmírez ou a gloria de Compostela (2000), do Centro Dramático Galego e traballou como actor nesta compañía en Rosalía (2001). En 2007 publicou a obra Limpeza de sangue, que fora galardoada co Premio Álvaro Cunqueiro e pola que recibiu o Premio Nacional de Literatura.

OBRA: Fume / Insomnio (2008)

———-

Carlos Losada
(Cambados, 1966)

Iniciou a súa andaina no mundo do teatro na Aula de Teatro da USC. Interveu na creación de grupos como Feirantes Balboas, Apeiron ou Teatro Cachuzo. A súa actividade nunca se limitou á escrita teatral, e para alén desta exerceu como director, deseñador de vestiario ou escenógrafo. Foi axudante de dirección das obras Criaturas (Teatro do Aquí, 2000), Rosalía (CDG, 2001) e Animaliños (Teatro do Aquí, 2002). En 2007 obtivo o II Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil coa obra Game over.

OBRA: Fume (2008)

———-

Moncho Iglesias Míguez
(Vigo, 1974)

Licenciado en Filoloxía Hispánica e doutorando en Filoloxía Galega, é profesor de castelán en Palestina, dende onde escribe e traduce. Colabora con varios medios galegos e ten publicado poesías e relatos. Esta é a súa primeira novela.

OBRA: Tres Cores (2010)

———-

Raida Rodríguez Mosquera
(Ourense, 1980)

Gañou o primeiro premio no XIX Certame Rosalía de Castro (2005).
É licenciada en Filosofía e actualmente reside, estuda e traballa en Barcelona, onde ten participado en diversos actos poéticos. A consigna: erradicar todos os comezos, multiplicar os cortes até o infinito.

OBRA: Máquina de guerra (2009)

———-

Sören Hausser — Proxecto Derriba
(Rabaza, 1978)

Apareceu un frío día de Outono de 1978 pola Rabaza e ninguén sabe
de certo de onde provén. Segundo da saga dos irmáns Hauser é investigador,
músico e xornalista ocasional de Diagonal. Colabora coa Universidade Invisíbel e o grupo Decontra, e desenvolve as súas investigacións no departamento de Filosofía e Filosofía moral e política
da UNED. Cando lle dá por cavilar as súas teimas adoitan achegarse
á deconstrución, á posmodernidade e ao posmarxismo, aínda que
comezou a súa andaina filosófica realizando unha experiencia vivencial
da filosofía de Kierkegaard e investigando xunto aos seus irmáns
Oskar, Giacomo e Frank a repercusión da mitoloxía no concepto de
comunidade. De aí houbo só un paso até atopar a comunidade sen
comunidade e o non-lugar. Isto levouno a desenvolver a relación entre
utopía e imposíbel en Jameson e Derrida da man do inesquecíbel
Paco Vidarte, convertido hoxe nun dos seus non-lugares máis especiais.
Actualmente investiga as repercusións políticas do posestruturalismo
e segue sendo afeccionado a morar en lugares imposíbeis,
entre a ciencia-ficción, a banda deseñada e a utopía política.

OBRA: Da revolta italiana á potencia da multitude. Unha introdución ao pensamento de Toni Negri (2010)

———-

Thomas Hauser
(Nun lugar dos Pirineos, 1980)

Nace nun lugar próximo dos Pirineos no inverno do 80. Axiña volta ao Noroeste peninsular —ibérico- para ir desenvolvendo a súa existencia. Irmán recentemente recoñecido polos demais Hauser, interésase por todo aquilo que acontece na noite e, dun xeito difuso, por un tipo de saber que se dá en chamar inmemorialmente filosofía. Participa da súa docencia, ao mesmo tempo que tenta achegar algo para a constitución do departamento de Filosofía na UNED. Iniciado na filosofía por unha profunda desconfianza en todo o que pretende facerse pasar por un discurso verdadeiro e normalizador, os seus primeiros intereses móvense entre o pensamento nietzscheano e o elaborado no marco da crítica psico-sociolóxica realizada polos teóricos frankfurtianos. Gosta de todo o que ten que ver coa psique e o comportamento humano, desde as teorizacións biolóxico-neurolóxicas ás meramente antropolóxico-sociolóxicas. Na actualidade debátese entre dar coherencia ou non á súa investigación sobre a deformación e o trastorno da experiencia humana na experiencia humana e tentar elaborar un pensamento que integre a ética intersubxectiva no espazo da teoría política. Agradecido a todos aqueles que me deixan cavilar ao seu lado. Un abrazo especial para o irmán Sören, por deixarme botar unha ollada nos seus papeis e para o irmán Dan, por axudarme a darlle a forma final.

OBRA: OUTRO XEITO DE SER. Unha introdución ao pensamento de Gianni Vattimo (2010)

———-

Carlos Taibo

Carlos Taibo é professor de Ciência Política na
Universidade Autónoma de Madrid. Os seus últimos
livros em galego-português são Fendas abertas. Seis
ensaios sobre a questão nacional (2008) e Parecia não
pisar o chão. Treze ensaios sobre as vidas de Fernando
Pessoa (2010).

OBRA: Decrescimento, crise, capitalismo (2010)

———-

Xabier Pérez Dávila

Xabier Pérez Dávila naceu en Bueu no 1957 e criouse
en Vigo. Adquiriu conciencia política na Universidade
de Santiago de Compostela no trepidante curso de 1974-1975.
Participou no movemento estudantil antifranquista, no
movemento anti-OTAN, na actividade sindical… Imparte
conferencias e escribe artigos sobre a evolución do
capitalismo, as relacións entre economía e ecoloxía e a
posibilidade dos sistemas de protección social. Partidario
da liberdade e da igualdade social. É economista e profesor
de Formación Profesional, desopois de traballar 20 anos como
mestre. Considera que o neoliberalismos nos leva á barbarie.
Para el a alternativa é o socialismo.

OBRA: A Batalla polas Pensións (1981-2013) (2013)

———-

Xosé García Rodríguez

Xosé García Rodríguez é xornalista e escritor. Coordina
o periódico Fouce, voceiro do Sindicato Labrego Galego;
e ten traballado ou colaborado para medios como Tempos Novos,
Praza Pública, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Diagonal
ou Página Abierta. No eido literario, publicou varios libros
de poesía e narrativa. En agosto de 2003, participou como
brigadista nunha viaxe organizada pola ONGD Amarante ao
Estado de Bahia para coñecer desde dentro o Movimento dos
Trabalhadores Rurais Sem Terra do Brasil (MST) e convivir
cos homes e mulleres que o fan realidade.

OBRA: Baixo a Lona Preta. Xornal de viaxe dun brigadista na Bahia do MST (2013)

———-

Bobby Sands

Robert Gerard Sands, em irlandês Gearóid Ó Roibeárd
Seachnasaigh, popularmente conhecido como Bobby Sands
(9 de março de 1954 – 05 de maio de 1981), nascido na
Irlanda do Norte , foi um membro do IRA (Exército
Republicano Irlandês Provisório) e parlamentares britânico,
morreu durante as greves de fome dos anos 81 na prisom
de Maze (conhecida como Long Kesh). Ele foi o principal
líder do IRA durante a greve de fome, em que republicanos
irlandeses que protestavam contra a remoçom de Categoria
Especial Estado (similar aos prisioneiros de guerra)
para membros de organizaçons paramilitares nacionalistas
irlandesas. Durante a greve , Sands foi eleito membro do
Parlamento Británico. A sua morte trouxo a adiçom de novos
recrutas para as fileiras do IRA e um ressurgimento da
atividade paramilitar da organizaçon. A greve chamou a
atençom mundial para os meios de comunicaçom ao conflito
irlandês.

OBRA: Um dia da minha vida (2011)

———-

Drocha Hausser — Proxecto Derriba

Chega a Salceda de Caselas a finais da primavera de 1980.
Irmán Hauser afeccionado á xestión cultural e activista
pollo desenvolvemento da cultura local, é Doutor Europeo
polo Departamento de Filosofía da UNED e polo Departamento
de Langue, littérature et civilisation des pays anglophones
na Université Charles de Gaulle Lille 3, (Francia).
É investigador do grupo Decontra, do grupo de Investigación
Deconstrucción, tradutor e centra os seus intereses actuais
na desapropiación da soberanía lida a través do pensamento
francés contemporáneo e a reconstrucción.
Amigo dos seus amigos, cando ninguén o ve, fai tamén cousas como esta.

OBRA: Deconstrucións. Unha volta a Jacques Derrida (2010)

———-

Antonio Gramsci

Nascido na Sardenha, no seio de umha família humilde,
poderia prosseguir os estudos em filologia na
Universidade de Turim, com umha bolsa de estudos.
Sua juventude foi marcada por um claro compromisso
político, o que o leva a partido socialista militar (1914)
e trabalhar no jornal Avanti. Em 1919, junto com Palmiro
Togliatti, Ângelo Tasca e Umberto Terracini e outros
revolucionários jovens fundou a revista Ordine Nuovo,
semelhante ao bolchevismo, e em 1921, criado com Amadeo
Bordiga do Partido Comunista Italiano (PCI), que será
escolhido Secretário-Geral. Fundador do jornal comunista
L’Unità. Membro ativo da Terceira Internacional, passou
dous anos em Moscovo. Na Itália, opujo-se contra o movimento
fascista de Mussolini, que, apesar da sua imunidade parlamentar
– Gramsci era deputado por Veneza – o confinou na ilha de
Ustica. Atormentado polos problemas de saúde que acompanhárom
a sua existência, em 1934, foi posto em liberdade condicional,
morrendo em Roma (1937), pouco depois de cumprir a sua condenaçom.
Durante os anos de confinamento escreveu Quaderni del Carcere
(Cadernos do Cárcere), que coleta o núcleo de seu pensamento.
A obra de Gramsci afeta e permeia muitos dos discursos
teórico-críticos sobre comunicação e cultura, como a primeira geraçom
britânica de estudos culturais ( Hoggart , Williams , Hall…)
e figuras como Althusser , Sartre , Enzensberger , Freire , etc; sendo
um dos pensadores marxistas cujas reflexons mantenhem maior vigência
no início do século XXI.

OBRA: Cartas do Cárcere (Antologia) (2011)

———-

Rebeca Baceiredo

Rebeca Baceiredo naceu en Ourense en 1979. É autora
da tese doutoral Achegas onto-éticas para a liberación
do suxeito. Unha aproximación a partir da filosofía
de Gilles Deleuze e do libro O suxeito posmoderno.
Entre a estética e o consumo (2006)..

OBRA: (repeat to fade) (2011)

———-

Claudio Pato

Claudio Pato Díaz naceu en Ourense en 1962. Antes
escribiu Se o bruído e o amonal na casa das abellas (1991),
Libro de Xacobe (1992), O almorzo do pintor de iconos
Andrei Ruvlef (Xerais, 1997), Unha vida de traballo nos
bosques do cánavo (Xerais, 2002) e participou nos libros
colectivos Poetas galegos en Madrid (Ed. do Castro, 2001)
e Xuro que nunca volverei pasar fame (Difusora, 2003).

OBRA: Como estás? (2011)

———-

David Rodríguez

David Rodríguez Rodríguez (Vigo, 1975) mantén o blogue
http://ofunambulistacoxo.blogspot.com desde o ano 2005.
É autor das obras de teatro radiofónico O Bambán e
Nunca me esquecerei de ti (gañadora e finalista
respectivamente do I e IV Premio de Teatro Radiofónico
do Diario Cultural). Escribiu o poemario Lapidarias.
Os versos escuros e participou no libro colectivo
on conciliados. Argumentos para a resistencia cultural.

OBRA: Retomando a Palabra (2011)

———-

Julio Fernández

Julio Fernández Peláez, 1963. Dramaturgo,
novelista, poeta e artista visual. Desde o ano 2007
vive e traballa en Vigo. É cofundador e codirector
da revista de artes escénicas Núa, coordinador do
Festival Poéticas para unha vida e compoñente do
colectivo de arte de acción Inaudita. Na actualidade,
dirixe o proxecto de investigación Teatro anómico.

OBRA: O chapeu do indixente / Esgotar os ollos (2011)

———-

Susana Sánchez Arins

eu
o meu nome é susana sánchez arins. nascim
no ano 74, pouco depois do 25 dos cravos,
num país que não chegou à liberdade pola revolução,
cousa que andamos a pagar as herdeiras desta pseudo-democracia.
levada por uma quase doentia propensão leitora,
figem estudos de filologia. ponho escola no ensino secundário.
sou mulher, de aldeia e galega, e essas três identidades
marcam a minha personalidade com força. ainda em riba saim poeta…
actividade autenticamente subversiva num mundo anestesiado através
do retorcimento da palavra e do discurso. tenho dous poemários publicados,
[de]construçom, (espiral maior, 2009), com o que ganhei o
Premio nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé, e
a noiva e o navio (através editora, 2012).

OBRA: Aquiltadas (2012)

———-

arbusto | Cristina F

Arbusto é o seudónimo xerezano usado por Cristina F
como pequena homenaxe a todas aquelas Mulheres que
ao longo dos séculos se viron obrigadas a falar
“con voz de home”.
En canto a Cristina F, unicamente dicir que naceu
na segunda metade do século XX, e que rara vez
ninguén a viu peitearse.

OBRA: Fragmentos e comentarios do diario íntimo de Cristina F (2012)

———-

Karl Hausser — Proxecto Derriba

A primeira luz foi en maio, o mes máis bonito do ano.
Tamén en maio a última revolución do mundo, abortada
segundo algúns, froiteira segundo outros. Tardamos en
confluír e mentres cereixas, chuletóns, caldo e cousas
así para comer. Para outras lerias, cágados, pauciños
baixan- do polos regatos e cada vez máis libros. No
camiño teño aprendido que a fame non diminúe pero hai
que fartala cada vez con menos e peores dentes. Por
circunstancias, aínda que tamén me gusta, non gaño o
pan suando. E pásoo ben descifrando ideas, combinándoas
para que respondan á miña Ansia; nas linguas que sei e
nas que aínda consiga aprender.

OBRA: O deseño dun círculo marxista. Introdución ao pensamento de Terry Eagleton (2013)

———-

Frank Hausser — Proxecto Derriba

Fran Conde naceu en Vigo no mes de agosto de 1978,
en plena restauración borbónica. Despois dunha
infrutuosa tentativa de estudar enxeñaría química,
algún obscuro obxecto de desexo levouno á filosofía.
Tras percorrer algunhas universidades alemás á procura
do tempo perdido, logrou presentar unha tese doutoral
sobre o problema da conciencia do tempo en Husserl
(universidade de Barcelona 2007). Pouco tempo máis
tarde tivo a oportunidade de marchar cunha bolsa a
París para estudar psicanálise con Jacques-Alain Miller
durante dous anos, rematando a súa estadía cun estudo
sobre a relación entre capitalismo e psicanálise
universidade de París VIII 2009). E coa curiosidade
polo pensamento de Lacan e por cousas como esta que
presenta, xa retornado, traballa como profesor de
nsino secundario por Galiza adiante.

OBRA: Cosmopolitismo versus Globalización. Introdución á lectura de Ulrich Beck (2013)

Essentials

Meta

Pages

Categories