04.Nov.2013 Xabier Pérez Davila leva “A Batalla polas Pensións” a Irmandade.TV

Xabier Pérez Davila, autor do libro publicado por Estaleiro Editora A Batalla polas Pensións (1981-2013), participará mañán martes no programa de Irmandade.TV, O Debate. O sistema das pensións e a súa eventual reforma centrarán unha intervención que se verá acompañada dos seguintes contidos:

O Debate volta puntual a súa cita semanal. Este 5 de Novembro ás 21:30 hrs segue en directo O Debate de Irmandade TV. Aurélio Lopes entrevista a Yolanda Díaz, vicevoceira de AGE no Parlamento galego e coordinadora de Esquerda Unida.

Carlos Morais estrearase na nosa sección ‘O comentário de…’ cunha reflexión a respeito do proceso nacional e a política de alianzas. Co economista Xabier Pérez Davila falaremos sobre o sistema de pensións, a reforma e o seu libro ‘A batalla polas pensións (1981-2013)”.

Os xornalistas Xurxo Salgado, director de Galicia Confidencial; e Olalla Rodil, de Sermos Galiza, estarán con nós na mesa do Debate ao longo do programa. Finalmente Victor Giadás, como cada semana, fará o seu ‘Control de redes”.

Máis información aquí.

Comentarios desactivados en Xabier Pérez Davila leva “A Batalla polas Pensións” a Irmandade.TV

Essentials

Meta

Pages

Categories