16.Out.2013 Estaleiro Editora no FORO DE EDICIÓN E DESEÑO 2013

Esteleiro Editora participará,  ás 18h30 do próximo venres día 18 de outubro no CGAC de Santiago de Compostela, no FORO DE EDICIÓN E DESEÑO 2013, organizado pola Asociación Galega de Deseñadores.

O FEED (Foro de Edición e Deseño) é un espazo de encontro entre profesionais do deseño e estudantes de calquera das súas disciplinas, que aposta claramente pola hibridación e a interrelación entre os deseñadores. Ten como obxectivo posibilitar un marco de reflexión e debate ao redor da evolución histórica do deseño e a visión de futuro profesional neste eido, identificando necesidades e estratexias para o seu desenvolvemento e investigación, ademais de achegarlles aos futuros deseñadores galegos o traballo profesional, mediante seminarios, charlas e debates que contribúan á formación dos entes implicados.

Na mesa redonda en que Carlos Figueiras representará Estaleiro Editora debaterase sobre os procesos produtivos e o futuro da edición de libros e produtos. Están convidados a participar nela, xunto cos protagonistas das charlas que se celebrarán nese mesmo día: Juan Carlos Pichel de eurográficas, Patricia Martínez de Arturo Álvarez e Luis Gil Pita de Undo Redo. As mesas estarán moderadas por Suso Vázquez de desescribir e Xènia Viladàs, consultora en xestión do deseño en XVDMC.

Para saber máis do Foro e consultar o programa: aquí.
 
Comentarios desactivados en Estaleiro Editora no FORO DE EDICIÓN E DESEÑO 2013

Essentials

Meta

Pages

Categories