13.Out.2013 Entrevista a Rebeca Baceiredo en Criticalia

Interesante entrevista de Armando Requeixo a Rebeca Baceiredo no blogue Criticalia da que recomendamos lectura completa premendo aqui.

Preguntada sobre cando, onde e da man de quen publicou os seus primeiros textos; a autora dá unha resposta que, desde un colectivo como o noso, non podemos deixar de agradecer, pois representa o sentido do traballo e do proxecto:

– Rebeca Baceiredo: “Foi Carlos Lema o primeiro que me deu a oportunidade de publicar. Penso que en certas zonas conceptuais coincidimos (igual non na liña teórica, mais nutrímonos nesa diferenza). De Estaleiro saliento e agradezo a liberdade ofrecida fronte a determinados textos. (Agradezo, en xeral, como persoa, o esforzo doutras para que as zonas menos comúns se expresen)”.

Así tentaremos continuar, ofrecendo liberdade e compartido traballo con aquelas que se queriran nutrir tamén con nós, da diferenza.

Comentarios desactivados en Entrevista a Rebeca Baceiredo en Criticalia

Essentials

Meta

Pages

Categories