10.Out.2013 Estaleiro Editora presenta en Vigo o libro de Xabier Pérez Davila “A batalla polas pensións”

Este venres 11 de outubro, ás 19:30 horas, na Casa Galega da Cultura, en Vigo, terá lugar a presentación do libro “A batalla polas pensións (1981-2013). De como a a clase capitalista quere privatizar os bens comúns e de como as clases trabaladoras se opoñen.”

Editado por Estaleiro Editora, o profesor e sindicalista Xabier Pérez Davila desvela neste libro algunhas das mentiras coas que nos bombardean os medios de persuasión de masas, como voceiros das clases poderosas, en relación coa suposta inviabilidade económica dos sistemas de protección social.

O autor demostra como o capitalismo financeirizado é precisamente o que ameaza a viabilidade dos sistemas de pensións públicos. O libro quere ser unha chamada á mobilización, no convencimento de que estabelecermos o benestar común é posíbel, mais incompatível coa financeirización e, por extensión, co propio capitalismo.

No acto, o autor estará acompañado por Serafín Otero, secretario comarcal de Vigo da CIG, e por Miguel Mosqueira, en representación de Estaleiro Editora.

Comentarios desactivados en Estaleiro Editora presenta en Vigo o libro de Xabier Pérez Davila “A batalla polas pensións”

Essentials

Meta

Pages

Categories