03.Out.2013 Estaleiro Editora na Feira das Culturas

Feira das Culturas

Organizada por Editores de Compostela a Feira das Culturas de Compostela nace coma un xeito de comunicar dous mundos: o de todos aqueles que día a día loitan por xerar unha produción cultural propia e o de aqueles que demandan un grande espazo onde a poder achar.

Estaleiro Editora participará na súa primeira edición, que se celebrará o próximo 5 de outubro en Área Central, cunha banca de libros e a proxección dun video conmemorativo dos 5 anos do proxecto.

O programa completo da xornada será o seguinte:

  • 12:30. Batucada a cargo da asociación cultural Trópico de Grelos.
  • 13:00. Presentación literaria e proxección de video conmemorativo a cargo da Editorial Estaleiro.
  • 13:30. Presentación literaria a cargo da Editorial Contos Estraños.
  • 16:00. Montaxe teatral escénico a cargo de Theatron Producciones escénicas.
  • 16:30. Obradoiro de percusión a cargo da asociación cultural Trópico de Grelos.
  • 17:00. Presentación literaria e sinatura de libros a cargo da Editorial Trifolium.
  • 17:30. Presentación literaria a cargo de editorial Hugin e Munin ( Bukowski vs Fante).
  • 18:00. Recital poético a cargo da Editorial Alvarellos.
  • 18:30. Documental sobre Roberto Vidal Bolaño a cargo de alumnas e alumnos de centros escolares de Santiago. Edicións Positivas.
  • 19:00. Espectáculo de cabaret a cargo de Theatron Producciones Escénicas.
  • 19:30. Presentación do ùltimo libro da saga de Fernando Cimadevila “Basilius Hoffman”. Urco Editora.
  • 20:00. Master class guitarra a cargo da escola de música A Casa do Rock.
  • 20:30. Exhibición e obradoiro infantil esgrima antiga a cargo da Sala de Esgrima Antiga de Santiago.
  • 21:30. Concerto acústico a cargo do grupo Recover.
Comentarios desactivados en Estaleiro Editora na Feira das Culturas

Essentials

Meta

Pages

Categories