07.Ago.2013 Presentación de Baixo a lona preta en Melide

A próxima sexta-feira, 9 de agosto, a partir das 20 h. no Museo da Terra de Melide terá lugar a primeira presentación pública do libro Baixo a lona preta. Xornal de viaxe dun brigadista na Bahia do MST, de Xosé García Rodríguez. No acto estará acompañado por Marcos Abalde, en representación de Estaleiro.

Baixo a lona preta constitúe unha guía inmellorábel para nos achegarmos ao Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra do Brasil, movimento que Xosé García coñeceu de primeira mao durante unha estadia como brigadista no ano 2003. O libro que agora sae á luz constitúe unha crónica actualizada daquela experiencia, acompañada da información necesaria para coñecer as características do movemento e dun caderniño de fotografías tiradas polo propio autor.

Comentarios desactivados en Presentación de Baixo a lona preta en Melide

Essentials

Meta

Pages

Categories