23.Xul.2013 Os libros da Estaleiro saen á rúa o 25 de xullo

O 25 de xullo Estaleiro Editora aproveitará os distintos actos convocados en Compostela para ofrecer os seus materiais ao público interesado. Deste xeito, a nosa banca estará instalada na Alameda a partir das 11.30 h., coincidindo coa saída das primeiras manifestacións convocadas. Xa na xornada de tarde, instalaremos o noso posto no Festigal, o xa tradicional evento que se celebra no Campus Sur e que nesta edición de 2013 terá lugar exclusivamente o día 25.

A incorporación ao dinamismo activista que envolve o 25 de xullo constituíu desde sempre unha cita sinalada na difusión do noso proxecto editorial. Nesta ocasión, contaremos ademais cunha importante novidade no noso catálogo: Baixo a lona preta. Xornal de viaxe dun brigadista na Bahia do MST, asinado por Xosé García Rodríguez, un impresionante testemuño das loitas do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra no Brasil. O volume inclúe, ademais, un caderniño gráfico con fotografías tiradas polo autor.

Comentarios desactivados en Os libros da Estaleiro saen á rúa o 25 de xullo

Essentials

Meta

Pages

Categories