24.Mai.2013 Presentacións das monografías de pensamento contemporáneo en Vigo e Ourense


O venres 24 de maio, ás 20 h., a A.C. Bou Eva (Vigo) acollerá unha presentación xeral das monografías de pensamento contemporáneo co-editadas por Proxecto Derriba e Estaleiro Editora.

Ao día seguinte, 25 de maio, tamén ás 20 h., no Café cultural Auriense (Ourense) terá lugar a presentación das dúas últimas novidades da colección, os libros dedicados a Ulrich Beck e Terry Eagleton.

A colección conta xa con seis volumes publicados, centrados nas figuras de Toni Negri, Gianni Vattimo, Fredric Jameson, Jacques Derrida, Ulrich Beck e Terry Eagleton. Neses volumes podemos acceder a unha síntese detallada dos trazos definidores do pensamento destes filósofos referenciais, ben como a unha escolma dalgúns textos significativos.

Comentarios desactivados en Presentacións das monografías de pensamento contemporáneo en Vigo e Ourense

Essentials

Meta

Pages

Categories