13.Mai.2013 A cultura galega fronte ás mentiras da crise (por Montse Dopico)

 A forma en que se relacionan cultura e crise parece ser un dos elementos de discusión máis atractivos no momento presente, tamén na Galiza. En días pasados, Praza Pública ofrecía unha ampla e interesante reportaxe sobre este aspecto, asinado por Montse Dopico. O artigo constitúe unha cartografía dos proxectos culturais máis dinámicos e menos compracentes co estado de cousas.

No apartado dedicado á literatura atopamos distintas referencias ao traballo de Estaleiro Editora. Mario Regueira, socio fundador do proxecto, relaciona o nacemento de Estaleiro “cunha resposta a demasiadas cousas que empezaban a chamarse crise (…), tamén na súa liña editorial (Raida Rodríguez, Alberto Lema, Carlos Taibo, Gramsci, Proxecto Derriba, etc…) pero sobre todo na súa forma de funcionar”.

Por súa vez, Carlos Figueiras, como representante da editora, salienta a vontade de “conformarnos a nosa propia realidade, tomar os medios de produción e facelo nós, xa que a industria desprezaba certos libros por unha cuestión temático-ideolóxica ou normativa”. Outras voces, como as de David Rodríguez e Manuel M. Barreiro, destacan o papel de Estaleiro no aínda precario ámbito do ensaio.

Podes consultar a reportaxe completa premendo AQUÍ.

Comentarios desactivados en A cultura galega fronte ás mentiras da crise (por Montse Dopico)

Essentials

Meta

Pages

Categories