19.Abr.2013 Un 18 de abril de 2008…

Esta semana fanse cinco anos do lanzamento público de Estaleiro Editora, como proxecto de edición galega independente. Na tarde do 18 de abril de 2008, na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela, tiña lugar a presentación de Plan de fuga, o poemario asinado por Alberto Lema que constituíu o primeiro título do noso catálogo. Do entusiasmo que caracterizou aquel evento dan boa conta as imaxes que acompañan esta anotación.

Cinco anos despois daquela presentación, resultado dun intenso e demorado traballo previo por parte dos membros do colectivo, desde Estaleiro Editora continuamos a acreditar na vixencia das bases fundacionais do proxecto: cultura libre, dinamización cultural, innovación literaria, pensamento crítico e  interese non comercial.

Podemos pensar agora nos vinte e cinco libros que integran o noso catálogo, e agradecer de corazón a achega de todas as persoas que axudaron na consolidación do proxecto. Mais pensamos aínda máis decisivamente nos horizontes de traballo para o futuro e nas novas e ilusionantes propostas que estamos a preparar para o noso público.

Comentarios desactivados en Un 18 de abril de 2008…

Essentials

Meta

Pages

Categories