31.Dec.2012 Balance editorial do ano 2012

Aproveitando o cambio de ano, partillamos co noso público o balance do curso editorial que agora remata. Neste repaso debemos levar en conta, en primeiro lugar, a continuidade máis un ano do proxecto da Estaleiro Editora como iniciativa independente, alternativa e crítica na cultura galega. Incluímos no noso balance, ademais, a participación como colectivo en eventos de distinto tipo (presentacións, feiras, festivais, xornadas…) impulsados por nós ou para os que fomos convidados/as por outras persoas ou colectivos. De todo iso tentamos dar conta a través deste blogue.

Falando propiamente de libros, en 2012 Estaleiro Editora deu ao prelo un total de cinco títulos:

Aquiltadas, de Susana S. Arins [poesía]

Fragmentos e comentarios do diario íntimo de Cristina F.

O chapeu do indixente / Esgotar os ollos, de Julio Fernández [teatro]

Por uma democracia radical. Vozes subalternas contra o estado de exceção, de autoria colectiva [ensaio]

Retomando a palabra, de David Rodríguez [ensaio]

Anunciamos, ademais, que nos primeiros días de 2013 contaremos con dúas novas monografías da serie coeditada por Estaleiro Editora e Proxecto Derriba, dedicadas a Terry Eagleton e Ulrich Beck.

Enlace: Balance editorial do ano 2011 (e anteriores)

Comentarios desactivados en Balance editorial do ano 2012

Essentials

Meta

Pages

Categories