13.Nov.2012 Entrevista a Julio Fernández en Dioivo


Damos noticia da entrevista concedida por Julio Fernández, autor das pezas teatrais Esgotar os ollos e O Chapeu do indixente, ao xornal dixital Dioivo. Realizada por Montse Dopico, a entrevista aborda a poética xeral do autor, ben como as obras publicadas por Estaleiro ou a representación escénica de Esgotar os ollos.  Á primeira pregunta, Julio Fernández responde así:

“e porque fodo con todo aquel que sexa capaz de darme unha/ aperta”, di a muller de ‘O chapeu do indixente’, destruída -e destrutora- polo desamor. O seu home, di ela, vivía agarrado ás cousas como un ser enfurecido. En ‘Esgotar os ollos’ un enfermo terminal agarda a morte. Queren sacarlle os ollos para vendelos. Desolador. 

Pois si. ‘Esgotar os ollos’ escribino cando aínda non pasara todo isto dos recortes en sanidade. Agora leo a prensa e lembro o que escribira… ‘O chapeu do indixente’ é a voz interna dunha muller que asasina o seu marido e o suplanta por un indixente. O indixente parece disposto a morrer por ela para facer crible a desaparición do seu home. O que máis me interesaba, en realidade, era traballar a voz desa persoa, desa muller, a través da poesía. De fondo hai, tamén, unha reflexión sobre a sociedade, sobre a fraxilidade das persoas.

Podes ler a reportaxe na íntegra, premendo AQUÍ.

Comentarios desactivados en Entrevista a Julio Fernández en Dioivo

Essentials

Meta

Pages

Categories