16.Out.2012 Presentación en Vigo de Esgotar os ollos e O chapeu do indixente

Na próxima quinta-feira, 18 de outubro, ás 20 h., a cafetaría do MARCO, en Vigo acollerá a presentación de O chapeu do indixente e Esgotar os ollos de Julio Fernández. O autor será acompañado por Roi Vidal de Estaleiro Editora e Areta Bolado, actriz que partillará connosco a lectura escenificada duns fragmentos. A publicación conxunta destas dúas pezas constitúe a última achega da exitosa colección de teatro de Estaleiro, que podes descargar premendo AQUÍ.

Julio Fernández Peláez (Zamora, 1963), dramaturgo, novelista, poeta e artista visual. Desde o ano 2007 vive e traballa en Vigo. É cofundador e codirector da revista de artes escénicas Núa, coordinador do Festival Poéticas para unha vida e compoñente do colectivo de arte de acción Inaudita. Na actualidade, dirixe o proxecto de investigación Teatro anómico.

Deixamos algúns enlaces de interese:

Blogue do autor: http://juliofernandezpelaez.wordpress.com/

Revista de artes escénicas Núa: http://revistanua.wordpress.com/

Video da obra: http://vimeo.com/45188275

Comentarios desactivados en Presentación en Vigo de Esgotar os ollos e O chapeu do indixente

Essentials

Meta

Pages

Categories