28.Set.2012 Investigación sobre novas tendencias editoriais no X Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos

“Novas tendencias editoriais na Galiza. Unha achega dende a alteridade e a anonimidade” foi o título do relatorio presentado por Mark Wiersma no congreso celebrado en Caerdydd na segunda semana do mes de setembro.

Wiersma, vinculado academicamente á Universidade de Santiago de Compostela e membro de Estaleiro Editora, enfocou na súa intervención as bases que veñen rexendo a actividade do noso proxecto, aproveitando para estabelecer hipóteses e liñas de análise vinculados a procesos editoriais e socioculturais de carácter mais amplo. Dada a proxección internacional da convocatoria, esta intervención cumpriu indirectamente o papel de difusión do labor de Estaleiro Editora, precisamente a partir dun dos perfís que máis interesaron sempre ao proxecto: o da creación de debates e intercambio de ideas no plano intelectual e da planificación cultural.

Sitio web da Asociación Internacional de Estudos Galegos

Comentarios desactivados en Investigación sobre novas tendencias editoriais no X Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos

Essentials

Meta

Pages

Categories