01.Ago.2012 Nace Contrabandos. Asociación de editores independientes de libro político

Contrabandos afirma partir da vontade de cooperación entre distintos proxectos editoriais afíns, e adopta a forma legal dunha asociación que incorpora aos seus estatutos obxectivos relacionados coa transformación social, o igualitarismo, a democracia, o ecoloxismo ou a defensa dos dereitos humanos.  O primeiro número da revista homónima serve como ampliación e diversificación destes principios.

Editoras de referencia no ámbito estatal e hispano, como Txalaparta, Gedisa ou Laertes, fan parte dun proxecto en cuxo sitio web temos acceso a distintas seccións de novidades, libros e autores, ben como a información actualizada de cada un dos colectivos integrantes da plataforma. Contrabandos.tv acolle, ademais, unha selección de videos vinculados á súa actividade.

A iniciativa conta con subvención do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.

Comentarios desactivados en Nace Contrabandos. Asociación de editores independientes de libro político

Essentials

Meta

Pages

Categories