17.Abr.2012 Os libros de Estaleiro no ProTexta 19

Na última entrega do suplemento literario da revista Tempos Novos (1º trimestre de 2012), podemos atopar un bo número de referencias ao traballo e as publicacións de Estaleiro Editora. Antonio Doñate dedica unha ampla reportaxe ao Proxecto Derriba, ao fío do seu labor pedagóxico e da función divulgadora que cumpren as monografías editadas por Estaleiro. Bieto Sousa ocúpase, ademais, de reseñar os volumes dedicados a Jacques Derrida e Fredric Jameson.

Por outro lado, María López Suárez ocúpase de Como estás?, o libro asinado por Claudio Pato; Cristina García Parga e Xiana Arias de (repeat to fade), a proposta de Rebeca Baceiredo; e Rodri Suárez de Um dia da minha vida, o relato carcerario de Bobby Sands.

Finalmente, no apartado de creación do suplemento, Claudio Pato asina o texto “Carta ao pintor Bruegel”.

Podes descargar o suplemento premendo neste enlace: ProTexta-19_

Comentarios desactivados en Os libros de Estaleiro no ProTexta 19

Essentials

Meta

Pages

Categories