home mail us syndication

Os libros de Estaleiro no ProTexta 19

Na última entrega do suplemento literario da revista Tempos Novos (1º trimestre de 2012), podemos atopar un bo número de referencias ao traballo e as publicacións de Estaleiro Editora. Antonio Doñate dedica unha ampla reportaxe ao Proxecto Derriba, ao fío do seu labor pedagóxico e da función divulgadora que cumpren as monografías editadas por Estaleiro. Bieto Sousa ocúpase, ademais, de reseñar os volumes dedicados a Jacques Derrida e Fredric Jameson.

Por outro lado, María López Suárez ocúpase de Como estás?, o libro asinado por Claudio Pato; Cristina García Parga e Xiana Arias de (repeat to fade), a proposta de Rebeca Baceiredo; e Rodri Suárez de Um dia da minha vida, o relato carcerario de Bobby Sands.

Finalmente, no apartado de creación do suplemento, Claudio Pato asina o texto «Carta ao pintor Bruegel».

Podes descargar o suplemento premendo neste enlace: ProTexta-19_

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Buscamos novas vías de achegarnos ao público» [Entrevista em Dioivo.eu]

Dioivo, o jornal eletrónico de recente criaçom, publica umha extensa e sugestiva entrevista com umha das pessoas integrantes de Estaleiro Editora. O texto vai assinado por Moncho Mariño. Entre os temas abordados encontraredes os princípios fundacionais do coletivo, o funcionamento assemblear ou a relaçom com a ediçom convencional e o nosso caráter alternativo. A esta última questom respondemos assim:

Nas vosas bases apuntades querer ser referente alternativo para consumidores e creadores. Que significa para vós ser alternativo?

Partir da idea de que quedaremos sempre na marxe. O tema do ISBN xa é unha mostra diso.  A xente que está na marxe, vese empuxada máis á marxe. Buscamos novas vías de achegarnos ao público. Os nosos libros están na rede, para baixar. Tamén somos alternativo no sentido de que cada autor ou autora, pode publicar con nós con facilidade e ter  un trato persoal  coa editora e mesmo formar  parte dela. Logo está considerar a edición independente como unha vía factible. Este ano trataremos o tema da edición independente nunhas xornadas para adoptar unha postura de colaboración e movernos nas marxes de maneira fructífera.

Podedes ler a entrevista completa premendo AQUÍ.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Palabras para a guerra en curso [a propósito de Retomando a palabra]

O 30 de marzo puidemos ler unha interesante reportaxe na edición galega de El País sobre o libro de David Rodríguez, Retomando a palabra. Das guerras culturais ao crac financeiro (2011). O autor do texto é Iago Martínez, que no primeiro parágrafo afirma:

De todas as tarefas que impón o neoliberalismo rampante, David Rodríguez (Vigo, 1975) escolleu a das palabras. O primeiro e decisivo campo de batalla. A linguaxe política, mais non a que enmascara o secuestro da democracia, senón aquela á que se refería Jacques Rancière en El tiempo de la igualdad. A dos guerreiros e os artesáns que, ao se apoderaren das palabras que non estaban destinadas a eles, crean un suxeito novo, o suxeito “pobo”. Por aí quere ir Retomando a palabra (Estaleiro, 2012), unha escolma do blog que mantén na rede dende 2005 como O Funambulista Coxo. Oitenta artigos nunha caixa de ferramentas sen tornos nas portas nin grillóns na lingua.

Podes ler a reportaxe completa premendo AQUÍ.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Next entries »
Olark Livehelp